ECTS credits ECTS credits: 3
ECTS Hours Rules/Memories Expository Class: 30 Total: 30
Use languages Spanish, Galician
Type: Ordinary Fourth Cycle subject
Departments: 4th Cycle External Department
Areas: Área externa de 4º Ciclo
Center IV Ciclo
Call: First Semester
Teaching: With teaching
Enrolment: Enrollable | 1st year (Yes)
- Facilitarlle ao alumnado unha toma de contacto académico coa educación ambiental e os seus contidos básicos (antecedentes, acordos internacionais e lexislación).
- Poñer de manifesto os fundamentos científicos da cultura da sustentabilidade e reflexionar sobre a necesidade do seu fomento desde un punto de vista persoal, comunitario e global.
- Favorecer cambios de actitude e de comportamento na liña da sustentabilidade.
Tema 1: Fundamentos da Educación Ambiental.
1.1 A relación do ser humano co medio.
1.2. Coñecer, interpretar, concienciar. Traballando co concepto de Educación Ambiental a nivel global.
1.3. Iniciativas de educación e/ou conservación ambiental.
Tema 2: A Educación Ambiental hoxe.
2.1 As orixes da Educación Ambiental.
2.2. Fitos na educación/concienciación ambiental.
2.3 Definicións da Educación Ambiental.
2.4. A Educación Ambiental no próximo.
Tema 3: Cultura de Sustentabilidade e Medio Ambiente.
3.1 Que é a sustentabilidade?
3.2. O cambio global.
3.3. A pegada ecolóxica.
3.4. Iniciativas de interese.
- BENAYAS, J. e MARCEN, C., Hacia una Educación para la Sostenibilidad. 20 años después del Libro Blanco de la Educación Ambiental, CENEAM, 2019.
- CARIDE, J. et al., Educación Ambiental. Realidades y perspectivas, Ed.Tórculo, Santiago, 1991.
- FRENCH, H., Después de la Conferencia de Río, Ed. La Catarata, Madrid., 1993.
- GARCÍA GANDOY,J.A.; LÓPEZ RODRIGUEZ, R.; 2004. A Ecoauditoría Escolar ; Ed. Consellería de Medio Ambente da Xunta de Galicia, Santiago de Compostela.
- GIOLITTO, P., Pedagogía del Medio Ambiente, Ed. Herder, Barcelona, 1984.
- GIORDAN, A. e SOUCHON, Ch., La Educación Ambiental. Guía Práctica, Ed. Díada, Sevilla, 1995.
- GUTIÉRREZ, J. e outros (Edts.), Líneas de investigación en Educación Ambiental, Proyecto Sur, Granada, 1997.
- JIMÉNEZ, J. R. et al. (coordin.: CANO, Mª. I.), Orientaciones didácticas para la Educación Ambiental en Educación Infantil (Programa ALDEA de E.A.), Ed. Junta de Andalucía, 1992.
- LÓPEZ RODRÍGUEZ, R., La integración de la educación ambiental en el diseño curricular. Un estudio longitudinal en educación Primaria (Tesis Doctoral), Ed. Servicio de Publicaciones de la Universidad de Santiago, 2002.
- LÓPEZ RODRÍGUEZ, R., La Educación Ambiental. Modelo para la construcción de un soporte conceptual básico, Ed. Unicopia, Lugo, 2003.
- LÓPEZ RODRÍGUEZ, R., Educación Ambiental y su Didáctica, Ed. Servicio de Publicaciones de la Excma. Diputación Provincial de Lugo, Lugo, 2003.
- LÓPEZ RODRIGUEZ, R.; GARCÍA GANDOY, J.A.; 2004. A Axenda 21 Escolar Galega; Ed. Consellería de Medio Ambente da Xunta de Galicia, Santiago de Compostela.
- LÓPEZ RODRIGUEZ, R.; TABOADA IGLESIAS, J.L.; LÓPEZ ALVÁREZ, N.; 2008. Impacto ambiental en centros da USC; Ed. Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia – Universidade de Santiago, Santiago de Compostela.
- MEIRA, P., Educación Ambiental. Fontes e recursos documentais, Concello de Oleiros, Coruña, 1998.
- MEIRA, P. e PARDELLAS, M., O Proxecto Fénix. Proxecto de diagnóstico e actualización da Estratexia Galega de Educación Ambiental. Documento de Síntese, Xunta de Galicia, 2010.
- MILLER, G.T. Introducción a la ciencia ambiental: desarrollo sostenible de la tierra. Ed. Thomson, Madrid, 2002.
- NOVO, Mª, La Educación Ambiental. Bases Eticas, Conceptuales y Metodológicas, Ed. Universitas, 1995.
- NOVO, Mª; LARA,R. (coords.), El Análisis Interdisciplinar de la Problemática Ambiental, vols. I y II, Ed. Fundación Universidad-Empresa, Madrid, 1997.
- NOVO, Mª (coordra.), Los desafíos ambientales. Reflexiones y propuestas para un futuro sostenible, Ed. Universitas, Madrid, 1999.
- PARDO, A., La Educación Ambiental como Proyecto, Ed. ICE Univ. Barcelona, Ed. Horsoi, 1995.
- PEREIRA, J.M., GUTIÉRREZ, X. e RODRÍGUEZ, A. (coords.), Estratexia Galega de Educación Ambiental, Xunta de Galicia, 2000.
- MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE, Libro Blanco de la Educación Ambiental en España, Madrid, 1999.
- UNESCO-PNUMA, Colección: Programa Internacional de Ed. Ambiental, Ed. Catarata, Bilbao.
Fomento da competencia da cultura da sustentabilidade.
- Presentación na aula de contidos teóricos por parte da docente.
- Elaboración de traballos por parte do alumnado a partir das indicacións e/ou materiais ofrecidos pola docente. As súas características básicas e natureza expoñeranse na aula cada curso.
- Discusións temáticas na aula.
- Saídas de prácticas.
- Asistencia.
- Implicación activa nas actividades e debates da aula.
- Realización dos traballos encargados.
- Participación nas actividades prácticas que se puidesen programar.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI: É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL: Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE: Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS: No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
María Amparo Ferreira Golpe
Coordinador/a- Department
- 4th Cycle External Department
- Area
- Área externa de 4º Ciclo
- mariaamparo.ferreira [at] usc.es
- Category
- External area professor
Thursday | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galician | 5512 Aula 4 pl baixa Facultade Ciencias |