ECTS credits ECTS credits: 3
ECTS Hours Rules/Memories Expository Class: 30 Total: 30
Use languages Spanish, Galician
Type: Ordinary Fourth Cycle subject
Departments: 4th Cycle External Department
Areas: Área externa de 4º Ciclo
Center IV Ciclo
Call: First Semester
Teaching: With teaching
Enrolment: Enrollable | 1st year (Yes)
• Adquirir unha visión global da historia da cidade.
• Comprender que a evolución urbana é consecuencia de procesos sociais, económicos e históricos que tiveron lugar en etapas anteriores.
• Valorar e apreciar a trama urbana do recinto histórico e a importancia dos monumentos da cidade para conservalos para o futuro como un legado do pasado.
• Conseguir un coñecemento mínimo dos monumentos da cidade desde o punto de vista histórico e artístico.
CONTIDOS
O LUGO ROMANO
1. Comentario do contido do programa. Como se elabora a historia. Fontes documentais e bibliográficas relacionadas coa cidade.
2. A orixe do Lugo romano. Urbanismo e sociedade. Proceso de latinización.
3. Relixión. Ritos cultuais e crenzas. Os baños.
4. A muralla. Hipóteses sobre a súa necesidade. Visión xeral do monumento. A súa utilidade ao longo da historia.
A CIDADE MEDIEVAL
5. A cidade na Alta Idade Media. As repoboacións. O señorío episcopal.
6. A cidade na Baixa Idade Media. Urbanismo. Onomástica e toponimia urbana.
7. Sociedade e economía da cidade na época medieval. A feira e os mercados. Os artesáns.
8. Os convento de Santo Domingo, San Francisco e Santa María A Nova.Fundación, construción e protectores.
9. As igrexas medievais: Santa María, o Salvador, San Xoán, San Pedro, Santiago, e San Marcos,
10. As capelas medievais: Ánimas, San Román, Virxe do Camiño, San Pedro de Fóra e San Sebastián e San Roque.
11. O Camiño Primitivo na cidade. Os hospitais e albergarías de Santa Catarina, San Bartolomeu, Santa María do Campo e San Miguel. A Ponte de Lugo.
A CIDADE NA ÉPOCA MODERNA
12. As cortiñas de San Román foro da cidade medieval e moderna. Edificios e cambios urbanos nos séculos XVI ao XVIII.
13. O goberno da cidade no Antigo Réxime. Composición do rexemento. A elección dos alcaldes.
14. As casas consistoriais. Función, situación, construción e reformas. A Tulla da Misericordia.
15. Hipóteses sobre a orixe do escudo da cidade. Evolución.
16. A fundación do convento das Agostiñas. As casas dos condes de Lemos. A igrexa. Domingo Antonio de Andrade e a súa relación co convento.
17. Lugo, cidade do Sacramento. Orixe e consolidación do culto eucarístico. Fundación dos doce capeláns. A Ofrenda do Reino de Galicia. A festa de Corpus.
18. Os patróns da cidade e do concello. San Froilán, a Virxe dos Ollos Grandes e a Virxe do Rosario. A función do voto a San Roque.
19. A festa barroca. As corridas de touros. As proclamacións reais. A pompa funeral.
20. Os gremios e a súa función. As danzas. Os gremios de Santa Catarina, San Roque, San Xosé e o Neno, San Antonio e a Inmaculada Concepción.
21. O Hospital de Inhábiles. Os cuarteis.
22. A ponte propiedade dos bispos. O dereito de pontaxe. Os arranxos.
23. Lugo cidade de paso. Viaxeiros ilustres: diplomáticos, príncipes e reis.
24. O papel de Lugo na independencia de Estados Unidos. Os prisioneiros de guerra. Estancia de John Adams e John Quincy Adams.
25. A suministración da auga. Pozo, fontes o e acueduto do bispo frei Francisco Izquierdo.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
AA. VV. A Domus do Mitreo.. Usc. Santiago de Compostela, 2022.
AA. VV. A Muralla de Lugo. Patrimonio da Humanidade. Adolfo de Abel Vilela, Felipe Arias Vilas, Enrique Alcrorta Irastroza, Covadonga Carreño Gascón y José Ignacio López de Rego-Uriarte. Lugo, 2002.
ABEL VILELA, Adolfo de. A fonte da Porta Miñá e o Pazo de Orbán. Santiago de Compostela, 2009.
ABEL VILELA, Adolfo de. A muralla romana de Lugo na documentación dos séculos XVI ao XX. Lugo, 2011. Deputación Provincial.
ABEL VILELA, Adolfo de. Arquitectura y Urbanismo en Lugo. La Plaza Mayor. A Coruña, 1999. Edicións do Castro.
ABEL VILELA, Adolfo de. Arquitectura y Urbanismo en Lugo. La Plaza Mayor. A Coruña, 1999. Edicións do Castro.
ABEL VILELA, Adolfo de. Guía da Catedral de Lugo. Santiago de Compostela, 2009.
ABEL VILELA, Adolfo de. Guía de Lugo. Santiago de Compostela, 2009.
ABEL VILELA, Adolfo de. La ciudad de Lugo en los siglos XII al XV. Urbanismo y Sociedad. A Coruña, 2009. Fundación Pedro Barrié de la Maza.
ARIAS VILAS, Felipe; NOVO CAZÓN, José Luís; BURGO LÓPEZ, Concepción; SOUTO BLANCO, María Jesús. Historia de Lugo. (Ed. Vía Láctea). A Coruña, 2001.
CALO LOURIDO, Francisco. A Historia de España baseouse en falacias. Nin Reconquista, nin Imperio, nin Estadoi ata o XVIII, nin Nación ata o XIX. Xerais. Vigo, 2023.
MURADO LÓPEZ, Miguel Anxo. La invención del pasado: verdad y ficción en la Historia de España. Barcelona,, 2013.
RODRÍGUEZ COLMENERO, Antonio. Lvcvs Avgvsti. A cidade romano-xermánica da fisterra ibérica. Xénese e evolución histórica (14 a. C.-711 d. C.). Lugo, 2011. Concello de Lugo.
• Que os alumnos saiban distinguir cada unha das partes históricas da cidade e que teñan unha visión global da súa historia e evolución urbana.
Exposición teórica complementada con información gráfica e visitas, e participación dos alumnos formulando preguntas para resolver dúbidas o inquirir información sobre cuestión relacionadas co tema en particular ou coa materia.
Valorarase a actitude do alumno no tocante ao seu interese polos temas tratados, e a súa competencia neles, así como a asistencia as clases teóricas e prácticas.
Considérase que a asistencia ás aulas e ás actividades complementarias e o aproveitamento das mesmas non esixe que por parte do alumnado se adique tempo de estudo adicional.
Na liña do exposto no punto anterior, recoméndase que o alumnado encare con interese e con ánimo de aprender esta asignatura, no convencemento de que esas actitudes serán dterminantes para o seu axeitado aproveitamento.
A cidade de Lugo ten máis de 2.000 anos de historia, polo xeral descoñecida debido a que foron poucos os que se ocuparon do seu estudio, ata o punto de que para o 2025 hai 50 anos que se celebrou o Bimilenario equivocadamente, crendo que a fundación da cidade fora no ano 25 a. C., cando hoxe sabemos que foi entre os anos 15 – 13 a. C. Desde o ano 1986 as escavacións arqueolóxicas e o estudio dos materiais atopados supuxeron un avance no coñecemento da etapa romana.
O mesmo se pode dicir dos períodos medieval, moderno e contemporáneo, dos que xa hai algúns estudios, e que coa investigación persoal levada a cabo nos últimos 50 anos, permiten desenvolver un temario que facilite aos alumnos unha visión global da historia dunha cidade bimilenaria que conserva un rico patrimonio histórico e artístico.
As clases teóricas son complementadas coas visitas aos cinco centros de interpretación do mundo romano, o centro de interpretación do Camiño Primitivo, o Museo Provincial e a propia cidade.
Adolfo De Abel Vilela
Coordinador/a- Department
- 4th Cycle External Department
- Area
- Área externa de 4º Ciclo
- adolfo.deabel [at] usc.es
- Category
- External area professional_máx. 30 h
Tuesday | |||
---|---|---|---|
17:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Galician | 5512 Aula 3 pl baixa Facultade Ciencias |