ECTS credits ECTS credits: 3
ECTS Hours Rules/Memories Expository Class: 30 Total: 30
Use languages Spanish, Galician
Type: Ordinary Fourth Cycle subject
Center IV Ciclo
Call: Second Semester
Teaching: Sin Docencia (Ofertada)
Enrolment: No Matriculable
O obxectivo deste curso é proporcionar unha visión global dalgunhas das grandes cuestións económicas dos nosos días, tais como a globalización ou o proceso de integración económica europea.
"Estrutura e política económica" realiza unha aproximación á realidade económica dos nosos días. Despois dunha breve aproximación as grandes correntes do pensamento económico estudaranse sucesivamente algúns aspectos básicos do funcionamento da economía mundial e da Unión Europea.
O curso esta dirixido aos alumnos de IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela no campus de Lugo.
O Capitalismo. As principais correntes do pensamento económico: Porque discrepan os economistas? Os debates de política económica.
Panorama xeral da economía mundial.
O espazo económico mundial. A globalización. O Subdesenvolvemento.
As relacións económicas internacionais.
O sistema financeiro internacional. Crise, pensamento económico e política económica: mercado e sector público.
O proceso de integración europeo. As institucións da Unión. O orzamento da UE.
Coordinación das políticas macroeconómicas. Inflación e Política monetaria. Autoridades e políticas financeiras.
Chang, H-J., (2014): Economía para el 99% de la población. Barcelona: Debate.
Cole, K., Cameron, J., Edwards, C., (1990): ¿Por qué discrepan los economistas?. Madrid: Iepala.
Durán Romero, García de la Cruz, Sánchez Díez, (2013): Estructura económica y relaciones internacionales. Madrid: Garceta.
Jordán Gandulf, J. M. (Coord.), (2008): Economía de la Unión Europea. Madrid: Civitas.
-
O desenvolvemento do programa realizará-se mediante exposicións do profesor, onde se promoverá o debate na aula. Ademais suxeriranse lecturas que complemente ou amplíen os temas tratados para aqueles alumnos interesados.
A avaliación realizarase basicamente a través do control da asistencia e a participación activa. Eventualmente poderase complementar con lecturas ou traballos, a demanda dos alumnos.
-
-
OBSERVACIÓNS
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI: É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL: Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE: Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS: No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.