ECTS credits ECTS credits: 3
ECTS Hours Rules/Memories Expository Class: 25 Interactive Seminar Class: 5 Total: 30
Use languages Spanish, Galician
Type: Ordinary Fourth Cycle subject
Departments: 4th Cycle External Department
Areas: Área externa de 4º Ciclo
Center IV Ciclo
Call: First Semester
Teaching: With teaching
Enrolment: Enrollable | (Yes)
• Poñer ó alcance do alumnado os contidos básicos para comprender a Historia de Galicia dende os primeiros restos humanos ata o ano mil
• Introducir os avances metodolóxicos e historiográficos máis significativos e recentes que afectan ó coñecemento da Historia de Galicia ata o ano mil
• Elaborar un traballo académico orixinal con busca de bibliografía específica
A presente materia tratará de achegar ao alumnado aos acontecementos máis salientables da Historia de Galicia, dende a primeira pegada que se coñece do ser humano ata o ano mil. Para iso, atenderase a unha presentación das grandes etapas nas que se divide a Prehistoria, a Historia Antiga e a Alta Idade Media de Galicia para, posteriormente, coñecer máis polo miúdo algún dos temas máis singulares, controvertidos e novidosos do noso pasado.
A materia estrutúrase en catorce grandes temas, a través dos cales se fará en percorrido cronolóxico pola Historia de Galicia dende os primeiros restos humanos ata o ano mil:
1. Presentación da materia. Cronoloxía, conceptos e contextos
2. Longa noite de pedra: o Paleolítico
3. O tempo dos mouros: Neolítico e Megalitismo
4. A idade dos metais. Os petróglifos galegos
5. A última Galicia antes de Roma: a cultura castrexa
6. O celtismo: mito e realidade
7. A Galicia romana. Política e economía
8. A Galicia romana. Sociedade e cultura
9. O primeiro reino medieval de Europa: a Galicia Sueva
10. Saída***
11. Da conquista islámica ós reinos cristiáns. Administración e poder
12. A sociedade feudal. Privilexiados e campesiñado
13. A Galicia altomedieval. Cultura e relixión
14. O camiño de Santiago e o fenómeno xacobeo
15. Proba de avaliación
*** A saída efectuarase trala correspondente autorización da Dirección do IV Ciclo, nunha data a determinar co alumnado interesado.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Obras xeralistas
AA. VV. (1982). Historia del arte gallego, Madrid, Editorial Alhambra.
AA. VV. (1995-1996). Historia de Galicia, A Coruña, Vía Láctea Editorial, 5 vols.
BARREIRO FERNÁNDEZ, X. R., e VILLARES PAZ, R., coords. (2007). A Gran Historia de Galicia, A Coruña, Arrecife, 32 vols.
RODRÍGUEZ IGLESIAS, F., dir. (1993). Galicia. Arte, A Coruña, Hércules, 7 vols.
VILLARES, R., (2004). Historia de Galicia, Vigo, Galaxia.
Obras temáticas
ANDRADE CERNADAS, X. M., e LÓPEZ CARREIRA, A. (2020), O reino medieval de Galicia. Crónica dunha desmemoria, Ed. Xerais.
CASTRO DÍAZ, B., e LÓPEZ-MAYÁN, M., coords. (2012). Historia de Santiago de Compostela, A Coruña, Vía Láctea Editorial.
DÍAZ Y DÍAZ, M. C. (1997). De Santiago y de los caminos de Santiago, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Comunicación Social, Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago.
GUTIÉRREZ IZQUIERDO, R., (2000). Lecturas de Nós. Introducción á literatura galega, Vigo, Xerais.
LÓPEZ-MAYÁN, M., (2011). A Igrexa na Galicia Medieval, Santiago de Compostela, Lóstrego.
REY CASTELAO, O., (2006). Los mitos del Apóstol Santiago, Santiago de Compostela, Consorcio de Santiago-Nigratrea.
REY CASTELAO, O., coord. (2010-2011). Historia das mulleres en Galicia, Santiago de Compostela-Vigo, Xunta de Galicia-Nigratrea, 4 vols.
RODRÍGUEZ CORRAL, J., (2009). A Galicia castrexa, Santiago de Compostela, Lóstrego.
SÁNCHEZ SÁNCHEZ, X. M. (2019). Iglesia, mentalidad y vida cotidiana en la Compostela medieval, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela
SUÁREZ PIÑEIRO, A., (2008). Así era la vida en la Galicia romana, Santiago de Compostela, Lóstrego.
VÁZQUEZ VARELA, J. M. (2003). Prehistoria de Galicia, Santiago de Compostela, Lóstrego.
• Capacitar ao alumno/a para identificar os distintos períodos cronolóxicos da Historia de Galicia ata o ano mil, os seus fundamentos e as súas representacións máis importantes
• Capacitar ao alumno/a para analizar a historia en perspectiva, superando os marcos cronolóxicos pechados e posibilitar análises globais e transversais
• Potenciar a autonomía do alumno/a mediante unha metodoloxía de aprendizaxe onde, semanalmente, se facilitarán os contidos da clase inmediata (con antelación) para o repaso previo do alumnado
Cada clase terá unha duración de dúas horas, dividida en dúas metades con descanso no intermedio. Ambas mesturarán o corpo expositivo da materia, dirixida polo profesor, co práctico a base de proxeccións, comentarios, lecturas, debates...
O material de estudo será subministrado polo profesor cunha semana de antelación á clase correspondente na Aula Virtual co que, o alumnado, poderá traballar por adiantado nos contidos da clase seguinte.
Nas saídas programadas haberá a posibilidade de realizar algún traballo relacionado coa visita, sempre con carácter formativo; isto é, ou bibliográfico ou de profundización nalgún contido específico.
Durante o desenvolvemento da materia o alumnado deberá ir elaborando un traballo persoal obrigatorio (dirixido polo profesor), a entregar o último día de clase do mes de decembro.
Por último, o alumnado terá a posibilidade de traballar sobre os contidos vistos arredor dun tema a partir dun formulario breve, de 3 preguntas, formulado polo profesor de cara a súa entrega na clase seguinte. Esta actividades é absolutamente voluntaria, dirixida a aquelas persoas interesadas en avaliar semanalmente a súa aprendizaxe.
Na avaliación final terase en conta a asistencia e a participación na aula e actividades programadas (50%), a realización dun traballo dirixido polo profesor a elixir polo alumno/a entre varias modalidades (25%) e un exame final ou proba tipo test (25%).
Recoméndase efusivamente a asistencia continuada ás clases, así como a participación activa na mesma. Para un mellor aproveitamento, é recomendable visualiza-los recursos que ofertará o docente, sobre todo aqueles diseñados para a aprendizaxe fóra do horario das clases.
Ante calquera dúbida ou interese particular, recoméndase igualmente contactar co docente vía email.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI: É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL: Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE: Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS: No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Ruben Castro Redondo
Coordinador/a- Department
- 4th Cycle External Department
- Area
- Área externa de 4º Ciclo
- Phone
- 982824716
- Category
- External area professor