ECTS credits ECTS credits: 3
ECTS Hours Rules/Memories Student's work ECTS: 45 Expository Class: 25 Interactive Seminar Class: 5 Total: 75
Use languages Spanish, Galician
Type: Ordinary Fourth Cycle subject
Departments: 4th Cycle External Department
Areas: Área externa de 4º Ciclo
Center IV Ciclo
Call: Second Semester
Teaching: With teaching
Enrolment: Enrollable | (Yes)
Continuación da anterior, a materia propón unha segunda viaxe; unha nova labor retrospectiva de achegamento ao estudo da obra de arte, esta vez incardinada nos eixos cronolóxicos que se desenvolven dende o Renacemento até a actualidade. Os contidos aproximarán a aquelxs interesadxs unha panorámica destes cincocentos anos de creación artística; de evolución tipolóxica e estética, de voráxine de ideas e soportes, de valoración do artista e do silencio “da” artista, de de-construción da propia obra de arte e mesmo de performance; que proporcionarán unha segunda perspectiva ao increíbel mundo da Historia da Arte. Uns contidos que, ademais de contextualizar a realidade artística galega e a súa historia, abrirán as portas ao coñecemento da cosmovisión artística contemporánea e á análise crítica da obra de arte.
- Introducir ao/á alumno/a na comprensión da creatividade artística.
- Aproximar o coñecemento das características e liñas básicas da produción artística, a súa función, o seu entorno cultural e a súa evolución dende o Renacemento, incardinando a obra de arte no contexto social, económico, político e ideolóxico na que foi creada.
- Achegar o estudo e a interpretación da teoría da arte e do pensamento estético atendendo aos diferentes contextos culturais, sociais, económicos, políticos e ideolóxicos que condicionaron os discursos, a estética, a función, as técnicas, e as linguaxes formais da arte.
- Achegar o coñecemento específico das fontes, tendencias, artistas e obras máis relevantes e representativas da Historia da Arte desde o Renacemento, en particular as do Occidente Europeo.
- Introducir ao alumnado na comprensión e manexo das diferentes linguaxes e terminoloxías artísticas a través da análise dos seus elementos fundamentais de expresión, incluíndo os medios de comunicación de masas e os novos soportes dixitais
- Aproximar o coñecemento dos cambios na evolución da cosmovisión da arte ao longo da historia e a posición social do/a artista, así coma a súa relación co cliente e o mercado.
1. Un novo tempo. O modo renacentista
2. O Barroco, a teatralidade da arte
3. A arquitectura do fume. Das pallozas aos cotagges, dos pazos ás mansións inglesas
4. Manipulando a natureza. Do hábitat da Idade do Ferro ás experiencias das cidades xardíns
5. Do romanticismo ao realismo. Arte burguesa do século XIX
6. O modernismo. Fin de siècle?
7. Arte con xénero feminino. Redescubrindo nomes e olladas asolagadas
8. Da escola de Chicago a Frank Gehry. A arquitectura norteamericana
9. Os -ismos. Do impresionismo ao expresionismo
10. As vangardas do século XX. Rachando moldes
11. Arte con denominación de orixe. O século XX en Galiza
12. Entre a ruína e a protección do patrimonio
13. Arquitectura, industria e deseño contemporáneo
14. Da fotografía á performance, os novos formatos da arte. As vangardas do século XXI
15. Entre o coleccionista e a economía da arte. Dos gabinetes de curiosidades ás Feiras de Arte Contemporáneo
- ALCINA FRANCH, J. (1982): Arte y antropología, Madrid, Alianza.
- BELTING, H. (2007): Antropología de la imagen, Buenos Aires, Katz.
- BORRÁS GUALI, G. E OUTROS (1988): Introducción General al Arte, Madrid, Istmo.
- CHECA CREMADES, F., GARCÍA FELGUERA, M.S. E MORÁN TURINA, M. (1987): Guía para el estudio de la Historia del Arte, Madrid, Cátedra (Cuadernos Arte).
- ECO, U. (1985): La definición del arte. Lo que hoy llamamos arte ¿ha sido y será siempre arte?, Barcelona, Martínez Roca.
- FAERNA GARCÍA-BERMEJO, J.M. e GÓMEZ CEDILLO, A. (2000): Conceptos fundamentales del arte, Madrid, Alianza.
- FATÁS, G. e BORRÁS, G.M. (1999): Diccionario de términos de arte y elementos de arqueología, heráldica y numismática , Madrid, Alianza.
- FREELAND, C. (2003): Pero ¿esto es arte? Una introducción a la teoría del arte, Madrid, Cátedra.
- FREIXA, M., CARBONELL, E., FURIÓN, V., VÉLEZ, P., VILA, F. E YARZA, J. (1991): Introducción a la Historia del Arte. Fundamentos teóricos y lenguajes artísticos, Barcelona, Barcanova (Temas Universitarios).
- FURIÓ, V. (2002): Sociología del arte, Madrid, Cátedra.
- GOMBRICH, E.H. (1997): La historia del arte, Madrid, Destino.
- GONZÁLEZ GARCÍA, M.A. E OUTROS (1990): Arte galega. Estado da cuestión, A Coruña, Consello da Cultura Galega.
- PATETTA, L. (1997): Historia de la arquitectura (antología crítica), Madrid, Celeste.
- RAMÍREZ, J.A. (1976): Medios de Masas e Historia del Arte, Madrid, Cátedra.
- RODRÍGUEZ IGLESIAS, F. (Ed) (1993): Galicia Arte, A Coruña, Hércules (Proxecto Galicia 7 vols.).
- WITTKOWER, R. (1987): La escultura, procesos y principios, Madrid, Alianza.
- Capacidade para aplicar os coñecementos básicos adquiridos a través dun razoamento crítico aplicado ao análise e valoración de alternativas.
- Capacidade de análise crítica das diversas concepcións artísticas.
- Capacidade de relacionar e contextualizar as manifestacións artísticas, en especial a Arte Galega coa doutros lugares e en diferentes períodos históricos.
- Saber aplicar os coñecementos instrumentais aplicados á Historia da Arte para interpretar e manexar gráficos, fotografías, imaxes en movemento, informática e materiais da obra de arte.
- Tomar contacto directo coas obras artísticas mediante visitas aos monumentos históricos, museos e exposicións que amosan ao público este tipo de obras.
- Capacidade de lectura do entorno a partir do análise, observación e dedución da información procedente das obras artísticas producidas ao longo da historia.
- Capacidade de análise e síntese a partir da información procedente dos diversos contidos da Historia da Arte.
- Capacidade para reunir e interpretar datos relevantes e emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre aspectos da produción artística nas súas diferentes facetas.
- Recoñecemento da diversidade e multiculturalidade da humanidade.
De cara facilitar e favorecer a adquisición de coñecementos a materia impartirase do seguinte xeito:
- Exposición teórica. Aulas expositivas complementadas con información gráfica nas que se fará a explicación dos contidos teóricos da materia .
- Exposición a debate. Aulas interactivas ou participativas nas que xs alumnxs afrontarán actividades prácticas relacionadas cos contidos teóricos da materia.
- Prácticas de campo. Saídas fóra da aula concordadas cxs alumnxs .
- Participación e aportación nas aulas aos debates 70%
- Presentación de un traballo individual sobre algún dos aspectos da materia 20%
- Asistencia e participación nas actividades extra-aulares, 10%
Carolina Casal Chico
Coordinador/a- Department
- 4th Cycle External Department
- Area
- Área externa de 4º Ciclo
- carolina.casal.chico [at] usc.es
- Category
- External area professor