ECTS credits ECTS credits: 3
ECTS Hours Rules/Memories Expository Class: 25 Interactive Seminar Class: 5 Total: 30
Use languages Spanish, Galician
Type: Ordinary Fourth Cycle subject
Center IV Ciclo
Call: Second Semester
Teaching: Sin Docencia (Ofertada)
Enrolment: No Matriculable
Profúndase en temas apuntados, mais non desenvolvidos, na materia de Fundamentos de Dereito I. E, por tanto, un complemento ao visto nesta, alén de repasar e asentar os conceptos xa explicados. Tendo xa a base do sistema constitucional e xudicial, as materias que se abordan enfócanse a cuestións prácticas para calquera persoa: parellas de feito, réximes económicos-matrimoniais, rexistro da propiedade ou impostos sobre as transmisións hereditarias. Ao igual que na materia de Fundamentos de Dereito I o temario é aberto e trataranse temas que sexan de interese pola actualidade ou preocupacións do alumnado.
• Comprensión da sistema penal
• Comprensión da relacións económicas entre cónxuxes e parellas de feito
• Comprensión dos aspectos patrimoniais, contractuais e sucesorios da persoa física
CONTIDOS
Tema I.- Dereito Penal
Tema II.- Dereito de Familia
Tema III.- Rexistro da Propiedade
Tema IV.- Dereito dos Contratos
Tema V.- Dereito Tributario
Tema VI.- Dereito de Sucesións
Tema VII.- Impostos sobre a herdanza
Tema VIII.- Historia do Dereito
As leccións entréganse no campus virtual.
• Comprensión e familiaridade coa linguaxe xurídica básica
• Capacidade de procura da normativa aplicable e decisións xudiciais
• Capacidade de análise crítica e aplicación práctica de coñecementos
Combinaranse as clases expositivas e interactivas coa resolución de casos prácticos e comentarios de sentenzas.
Saída (práctica externa): asistencia á vista dalgún xuízo
Dous exames parciais tipo test.
O da asistencia ás aulas.
A asistencia ás aulas.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI: É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL: Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE: Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS: No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.