ECTS credits ECTS credits: 3
ECTS Hours Rules/Memories Expository Class: 25 Interactive Seminar Class: 5 Total: 30
Use languages Spanish, Galician
Type: Ordinary Fourth Cycle subject
Departments: 4th Cycle External Department
Areas: Área externa de 4º Ciclo
Center IV Ciclo
Call: First Semester
Teaching: With teaching
Enrolment: Enrollable | 1st year (Yes)
Adquirir os coñecementos básicos do sofware dun computador
Coñecer os distintos dispositivos de entrada e saída dun sistema informático.
Utilizar as redes de información: internet, correo electrónico, procura de información,…
Aprender os elementos fundamentais de traballo das aplicacións ofimáticas.
Coñecer e utilizar ferramentas de intelixencia artificial: Copilot e ChatGPT
Utilizar un certificado dixital
Bloque de contidos I:
Familiarización co Sistema Operativo. Emprego de ventás.
Manipulación de programas e utilidades do sistema (editores de texto, calculadoras, imaxes, …).
Xestión de arquivos e cartafoles. Tipos de arquivos.
Compoñentes básicos dun ordenador: principais compoñentes, periféricos, dispositivos de almacenamento
Bloque de contidos II:
Xestión de arquivos e cartafoles
Manipulación do sistema de arquivos en dispositivos de almacenamento externos
Instalación e configuración de programas
Panel de control e a configuración do sistema.
Bloque de contidos III:
A rede Internet: introducción.
Os navegadores (navegadores máis empregados). Procura de información e servizos da Rede. (entradas, viaxes, reservas, consultas administrativas).
Almacenamento de información na nube da USC: Microsoft 365.
Aplicacións de IA: ChatGPT e Copilot .
O correo electrónico. Creación e configuración dunha conta.
Bloque de contidos IV:
Edición de textos con Word/Writer: O entorno e configuración básica; Instrumentos básicos de traballo, Formatados básicos, A selección de textos, O copiado e pegado;
Edición de textos con Word/Writer: Configuración de parágrafos, aliñamentos, espazamentos; Configuración de páxina e saída a impresión.
Edición de textos con Word/Writer: inserción de imaxes e creación de táboas sinxelas.
Bloque V:
Certificados electrónicos: DNI electrónico 3.0, Chave365, FNMT.
O emprego dos certificados de usuario, DNI-e e certificados de software.
A administración electrónica. Sede electrónica.
Desenvolvemento das operacións principais do sistema operativo Windows 10: localizar a barra de tarefas, o menú de inicio de windows, diferenciar un atallo dun ficheiro, manexo do explorador de arquivos, xestión con cartafoles e ficheiros,
Utilización práctica de dispositivos de almacenamento: pendrives, a nube.
Navegación por internet: navegadores, motor de búsqueda, aplicacións corporativas da USC (campus virtual, a nube da USC, secretaría virtual).
Uso das aplicacións de ChatGPT e Copilot
Elaboración dun documento de texto en word/writer, …
Uso do programa de autofirma; conexión a un servicio web con identificación ou certificado dixital: DNI 3.0, Chave365, e certificado de software
Aprendizaxe significativa e practica dos coñecementos impartidos ao longo de todo o curso:
O curso se desenvolverá a través de clases presenciais de xeito teórico-expositivo e práctico-interactivo.
Os contidos de carácter práctico serán expostos polo profesor e seguidamente desenvolvidos polo alumno, interactuando con cada un deles que o precise ata que todos consigan o obxectivo.
Resumo básico e ilustrativo de todas as unidades do programa desenvolvidas.
Emprego da aula virtual no Campus Virtual da USC con resumos, actividades e exercicios propostos para a súa resolución, e cuestionarios de autoavaliación:
Cuestionarios de coñecementos iniciais.
Exercicios de clase
Cuestionarios-xogos coa plataforma Kahoot ou similar.
Se procede, uso da aplicación Teams:
Entrega de tarefas no equipo da materia.
Interacción profesor-alumnos.
Avaliación continua (40% de la nota final): asistencia, prácticas, exercicios diarios na aula (e fóra dela se os alumnos o demandan), e interese amosado en clase.
Exame tipo test na aula virtual (ou proba escrita se fose necesario) (60% de la nota final):
Preguntas tipo test cun enunciado que pode ser verdadeiro ou falso.
As respostas falladas non descontan puntos
Non hai puntuación mínima no exame para aprobalo.
A puntuación final obterase de sumar o nota obtida no 40% mais a nota obtida no 60%, e o aprobado estará en 5 puntos
Rafael Villar Suarez
Coordinador/a- Department
- 4th Cycle External Department
- Area
- Área externa de 4º Ciclo
- rafael.villar [at] usc.es
- Category
- External area professional_máx. 30 h
Wednesday | |||
---|---|---|---|
16:30-18:30 | CLE_01 | Galician | 5512 Sede Vilagarcía |