Pasar al contenido principal

Congreso Internacional SIPS 2021

Congreso Internacional SIPS 2021
Congreso Internacional SIPS 2021
Congreso Internacional SIPS 2021 / XXXIII Seminario Interuniversitario de Pedagoxía Social

O grupo de investigación SEPA-interea deste Departamento de Pedagoxía e Didáctica, xunto coa SIPS (Sociedad Iberoamericana de Pedagogía Social), organizan o Congreso Internacional SIPS 2021 - XXXIII Seminario Interuniversitario de Pedagoxía Social, baixo a temática "Educación Ambiental e Cultura da Sustentabilidade: construíndo a transición ecolóxica". Realizarase no Campus de Lugo (Facultade de Formación do Profesorado) durante as tardes dos días 28-29 de outubro e 4-5 de novembro deste 2021. Admítense propostas de comunicacións ata o 31 de maio, que serán publicadas con ISBN. Matrícula reducida para socios/as, colexiados/as, estudantes, desempregados/as, xubilados/as, ou se se formaliza antes de xullo. Asistencia presencial ou on-line. Ante calquera dúbida, envíanos un sips2020 [at] sepa.gal (correo-e)

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.05.2021.