Pasar al contenido principal

Curso de Verán XVI Novas Fronteiras na Igualdade de Oportunidades 2.0: Feminismos – Masculinidades – Educación Sexual – Violencias - Coeducación.

Curso de Verán XVI Novas Fronteiras na Igualdade de Oportunidades 2.0
Curso de Verán XVI Novas Fronteiras na Igualdade de Oportunidades 2.0
Curso de Verán XVI Novas Fronteiras na Igualdade de Oportunidades 2.0: Feminismos – Masculinidades – Educación Sexual – Violencias - Coeducación.

Un ano mais está de volta o mais lonxevo dos cursos de verán: XVI Novas Fronteiras na Igualdade de Oportunidades 2.0 organizado polas profesoras do Departamento de Pedagoxía e Didáctica María José Méndez Lois e Milena Villar Varela, en colaboración cxs axentes de igualdade do Concello de Lalín María Jesús Payo e Celso Taboada. 

Esta formación conta con poñentes cun grande nivel de coñecemento da materia e mellor capacidade de comunicación desde distintos puntos de vista, referentes no estado español, que axudarán a reflexionar sobre os estereotipos cotiáns que alimentan as ideas nesgadas do que é “normal" e aceptable, e que forza principalmente a mulleres e nenas a asumir funcións, que non escollerían libremente, ou a gastar enerxía loitando contra as ideas preconcibidas acerca do papel que desempeñan no mundo. Así mesmo, sobre os estereotipos que tamén afectan aos homes nas decisións que adoptan, tanto no ámbito persoal, como no laboral, educativo, social e político. Asemade, e como non pode ser doutro xeito, a formación aborda o feminismo cun enfoque interseccional.

Neste curso, abordaranse contidos relacionados cos seguintes tópicos: feminismos, masculinidades, educación afectivo-sexual, violencias e coeducación cos seguintes obxectivos: 

1) Debater sobre feminismo e educación en igualdade nos ámbitos educativo e social, favorecendo unha reflexión sobre a igualdade como compromiso educativo e rachando os roles e estereotipos de xénero. 

2) Promover a participación e integración entre escola e comunidade a fin de desenvolver accións que permitan detectar os problemas educativos e sociais que lles afectan e aportar alternativas de solución que contribúan a mellorar a sociedade na que vivimos. 

3) Facilitar o encontro de profesionais de distintos ámbitos de intervención relacionados coa igualdade de oportunidades, favorecendo o intercambio de experiencias e o aproveitamento de materiais e recursos diversos sobre as temáticas propostas. 

4) Incrementar a conciencia sobre as diferentes formas e expresións de violencias machistas na sociedade e coñecer os recursos e medios para previlas e combatelas. 

5) Coñecer e analizar boas prácticas para o desenvolvemento de actuacións igualitarias en diferentes contextos.

O prazo de matrícula esténdese ata o 2 de xullo.

O curso de verán inicia o 12 de xullo e remata o 16 de xullo. A USC recoñece a asistencia ao 80% deste curso (como mínimo) con 2 créditos ECTS para o seu alumnado.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.05.2021.