Un estudo ve a soidade como o factor que máis inflúe na satisfacción das persoas maiores coas súas vidas
Sara Rey Beiro e Fidel Martínez-Roget analizaron como o impacto de residir nun contorno rural ou urbano incide na autoestima e na integración da xente maior
Leer másUnha guía recompila experiencias inspiradoras a nivel europeo para facilitar o acceso á terra a persoas alleas ao sector agrario
Persoal investigador do Laboratorio do Territorio da USC no Campus de Lugo participa nesta obra na que tamén se recollen os distintos instrumentos de mobilidade e de xestión e recuperación de terras que actualmente existen en Galicia
Leer másUn equipo do CiMUS descobre unha nova terapia dirixida contra o cancro anaplásico de tiroide sen danar células sanas
Os resultados da investigación contan con evidencia preclínica convincente e demostran que esta terapia tamén é eficaz noutros cancros anaplásicos de páncreas, pulmón ou estómago
O CiQUS oferta 15 estadías remuneradas de ata 1 mes de duración para desenvolver un proxecto de iniciación á investigación nun dos seus laboratorios
O prazo para presentar as solicitudes remata o 22 de maio
Leer másO Campus Terra pon a proba a agudeza sensorial aplicada a produtos lácteos
A APLTA do Campus de Lugo da USC organizou un obradoiro teórico-práctico no que as persoas participantes afondaron na fisioloxía da percepción e avaliaron a través dos sentidos leite, iogures, manteiga e queixos
Leer másPublican en formato Daisy unha tese da USC que ofrece claves para as familias con persoas con discapacidade visual
Calquera persoa afiliada á ONCE no Estado vai poder acceder ao traballo de xeito totalmente accesible
Leer másUnha cartografía recolle as experiencias relacionadas coa creación e transmisión musical das mulleres migrantes en Galicia
O proxecto liderado pola USC toma como punto de partida a potencialidade que manifesta en Burela o xénero do batuko, tradición cultural na illa de Santiago en Cabo Verde, onde existen decenas de grupos femininos unidos pola súa práctica
Leer másO Comité Executivo do Pacto Mundial da ONU reflexionou no Campus Terra da USC arredor da sustentabilidade empresarial
O foro evidenciou a capacidade das empresas do rural galego para exercer como motor para o desenvolvemento sostible
Leer másDemandan que os estudos de xenética teñan en conta a dimensión sociopolítica para combater o racismo
O artigo, que pon o énfase no concepto de ‘raza’, publicouse en Science coa profesora da USC Marilar Aleixandre como co autora
Leer másUn tratamento psicolóxico da USC combinado cunha app para deixar de fumar obtén moi altos resultados de abstinencia
O estudo vén de ser publicado na revista científica Nicotine & Tobacco Research
Leer másO prazo de inscrición no XI Encontro da Mocidade Investigadora remata o 10 de maio
O encontro desenvolverase en xuño na Facultade de Psicoloxía da USC
Leer másCAPRIF-CC dá en Santiago os seus primeiros pasos a prol da activación económica do rural en Galicia e Asturias
O Centro de Estudos Avanzados acolleu o Seminario de Inicio do traballo deste consorcio no que a USC participa a través da Fundación Centro de Estudos Eurorexionais Galicia - Norte de Portugal
Leer másA USC incrementou as solicitudes de patentes nun 25% no último ano
Os datos foron presentados nunha xornada organizada coa firma ABG Intellectual Property na que a Xunta de Galicia presentou unha nova metodoloxía para avaliar o potencial comercial das tecnoloxías patentadas
Leer más