Pasar al contenido principal

Conferencia en Relacións Laborais sobre a xestión de recursos humanos nunha organización de persoas con discapacidade

A responsable de Recursos Humanos da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), Cristina Cabo, impartirá o vindeiro luns 7 na Facultade de Relacións Laborais unha conferencia na que disertará sobre a xestión de recursos humanos nunha organización de persoas con discapacidade. A intervención comezará ás 18.00 horas no Salón de Graos do centro organizada polo profesor Mario Lado Campelo. A conferencia forma parte da actividades académicas programadas dentro do Máster en Xestión e Dirección Laboral e estará aberta ao público interesado.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.04.2014.