Pasar al contenido principal

Miguel Anxo Murado intervén no ciclo sobre a memoria en Historia

Miguel Anxo Murado intervén no ciclo sobre a memoria en Historia
Miguel Anxo Murado intervén no ciclo sobre a memoria en Historia

O escritor e especialista en política internacional Miguel Anxo Murado (Lugo, 1965) retomará a vindeira semana a súa participación no ciclo de conferencias ‘ Pasados incómodos: guerra, memoria e historia’ no que tivo que aprazar a súa intervención o pasado mes de xaneiro. Murado pronunciará o próximo luns 7 a conferencia ‘República e guerra civil. A construción da memoria’, nun acto que comezará ás 12.00 horas na Aula 13 da Facultade de Xeografía e Historia. Miguel Anxo Murado é autor de máis de vinte libros de ficción e ensaio, entre os que destacan Outra idea de Galicia no que deconstrúe os mitos e tópicos historiográficos e populares que a envolven e La invención del pasado. Verdad y ficción en la historia de España. Ademais, é colaborador habitual da Cadea Ser, a BBC e o xornal The Guardian. O ciclo Especialistas da historia, estudos culturais, socioloxía, xudicatura e do pensamento analizarán nos vindeiros meses na USC o pasado e a memoria, así como o seu tratamento presente no ciclo ‘Pasados incómodos: guerra, memoria e historia’ que organiza o grupo de investigación Histagra da USC. Xermán Labrador, Ricardo Robledo, Anxo Loureiro, Palomar Aguilar e Jesús Izquierdo Martín completan o elenco de relatores que ata xuño deste ano achegarán novas perspectivas sobre o pasado incómodo e o seu tratamento actual. Á conferencia do próximo día 7 seguiralle a intervención o xoves, dia 10 de abril, a conferencia ‘Historia científica VS Historia de combate na II República. Viño novo en odres novos?’ do catedrático de Historia Económica da Universidade de Salamanca Ricardo Robledo Hernández.

Histagra
Un dos principais obxectivos de Histagra é o estudo do golpe de 1936, a Guerra Civil, o franquismo e a transición política en España, e neste marco se desenvolverá o ciclo de conferencias dando así continuidade á experiencia acumulada polo grupo de nomesevoces.net que en 2007 organizou o I Encontro de Grupos de Investigación: Historia e Memoria e en 2010 o Congreso Internacional: Memoria da Guerra, reconciliación e cultura de paz.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.04.2014.