Pasar al contenido principal

O Instituto de Acuicultura recibe a visita da investigadora Sandra Shumway

Sandra Shumway, no centro da imaxe, xunto con persoal investigador da USC
Sandra Shumway, no centro da imaxe, xunto con persoal investigador da USC

O Instituto de Acuicultura da USC vén de recibir a visita da investigadora e catedrática do Departamento de Ciencias Mariñas da Universidade de Connecticut e editora do Journal of Shellfish Research, Sandra Shumway. A doutora Shumway está especializada en ecoloxía fisiolóxica de invertebrados mariños, bioloxía de moluscos, acuicultura e algas tóxicas. Actualmente, os seus estudos céntranse nos impactos de diferentes especies de algas tóxicas nos moluscos e na acuicultura.

Integrante da Comisión Asesora Externa deste instituto da USC, aproveitou a súa participación do 22nd International Pectinid Workshop para visitar as instalacións universitarias e coñecer de primeira man os obxectivos e as liñas de investigación que se desenvolven neste centro universitario, ademais de intercambiar opinións sobre os distintos ámbitos da acuicultura cos investigadores do centro. O 22nd International Pectinid Workshop reuniu en Santiago de Compostela os principais investigadores no ámbito da acuicultura, fisioloxía, bioquímica, ecoloxía e pesqueirías dos pectínidos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.05.2019.