Pasar al contenido principal

Dous cursos achegarán ferramentas para a aplicación da perspectiva de xénero na docencia universitaria

A Oficina de Igualdade de Xénero, en colaboración co Instituto de Ciencias da Educación, organiza dous cursos dentro da oferta do Programa de Formación e Innovación Docente (PFID) da USC. Titulado ‘A aplicación da perspectiva de xénero na docencia universitaria’, o curso ten como obxectivo ofrecer as ferramentas necesarias para a aplicación desta perspectiva na práctica docente, a través dun obradoiro con participación activa nas clases presenciais e nas sesións virtuais. Ofértanse dous itinerarios, un no Plan de Formación Xeral e o segundo dentro do Plan de Formación de Noveis -para aquelas persoas que se inician na carreira docente universitaria-. Ambos os dous itinerarios comezarán o vindeiro 23 de abril na Facultade de Ciencias da Educación. Estes cursos encádranse no cumprimento dos obxectivos do segundo Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes (PEIOMH) de promover a incorporación da perspectiva de xénero na docencia e na investigación, impulsando a formación en materia de xénero da comunidade universitaria co desenvolvemento da Acción 2.2 de creación de itinerarios de formación específicos en materia de xénero dentro da oferta de accións formativas do PFID.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.04.2014.