Pasar al contenido principal

Estudantes de doutoramento e investigadores posdoutorais debaterán en Medicina sobre as bases moleculares das enfermidades humanas

O Merimee Joint Meeting ‘Molecular Basis of Human Disease’ celebrarase os días 24 e 25 de abril na Facultade de Medicina no marco do proxecto ‘Merimee’ de colaboración entre a Escola de Doutoramento Internacional da USC e a Escole Doctorale Biologie-Santé Namtes-Angers. Este é un encontro gratuíto aberto a estudantes de doutoramento e investigadores posdoutorais recentes (con teses lidas en 2013 e 2014) que presentarán os seus traballos de investigación no eido da biomedicina. As xornadas, que comprenden a tarde do xoves 24 e a mañá do venres 25, combinarán conferencias de investigadores sénior coas presentacións dos estudantes. Tamén se celebrará unha mesa redonda sobre ‘The niches for a biomedical reseacher in the industry’.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.04.2014.