Pasar al contenido principal

A USC amosa este xoves a súa oferta no campus de Lugo a preto de 300 estudantes de ESO e BAC de once centros da provincia

García Herradón abrirá os ‘Encontros nos campus de Lugo 2014’, que inclúen talleres en nos distintos centros e visitas á Domus do Mitreo, Museo e catedral de Lugo

A USC amosará este xoves a súa oferta académica e servizos no campus de Lugo a preto de 300 estudantes de ESO e BAC procedentes de 11 centros educativos da provincia de Lugo a través do programa Encontros no campus de Lugo 2014, unha xornada de portas abertas promovida pola Vicerreitoría de Coordinación e Planificación a través da que se pretende dar a coñecer ao estudantado universitario o abano de títulos de grao, así como as liñas de investigación na que se traballa e a oferta cultural e de servizos existente no campus de Lugo.

O vicerreitor de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, Pedro García Herradón, abrirá a xornada ás 11.00 horas, no auditorio da Facultade de Veterinaria, cunha recepción de benvida a todos/as os/as participantes neste programa. Logo desta sesión, os/as estudantes, distribuídos en grupos en función das súas preferencias académicas, visitarán, de 12.00 a 14.00 horas, as distintas facultades e escolas do campus de Lugo, onde desenvolverán diversos obradoiros e actividades en compañía do profesorado de cada centro. Os/as participantes interesados poderán compartir un almorzo no comedor da residencia universitaria Bal y Gay e, xa en quenda de tarde, a partir das 16.30 horas, os organizadores do programa Encontros no campus de Lugo 2014 ofrecen a posibilidade de participar en visitas guiadas á Domus do Mitreo, Museo Provincial é a catedral de Lugo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.04.2014.