O Quantum Music Festival reúne seis grupos na súa décimo sétima edición
O Quantum Music Festival (QMF) celebrará este xoves 24 a súa décimo sétima edición dirixido principalmente a grupos amateur de diferentes estilos musicais coa única condición de como mínimo un dos seus compoñentes pertenza á comunidade universitaria da Facultade de Física. No concerto deste xoves actuarán Motorhërtz, The Feynman Slit Experience, The Astroboys, Metaldona, Tutorías a las 3 de la mañana e Planck Floyd. Con entrada gratuíta, o festival desenvolverase a partir das 21.30 horas na Sala Capitol. Ademais do directo destes seis conxuntos, sobre o escenario haberá un concurso de Air Guitar e múltiples sorteos. O Quantum Music Festival defínese a si mesmo como un festival de música e espectáculo, organizado e xestionado integramente por alumnos da Facultade de Física de Santiago cunha longa traxectoria próxima a alcanzar as dúas décadas de vida.