Pasar al contenido principal

Un ano máis, a USC participa na Semana do Libro de Compostela

Un ano máis, a USC participa na Semana do Libro de Compostela
Un ano máis, a USC participa na Semana do Libro de Compostela
Un ano máis, a USC participa na Semana do Libro de Compostela

A través do seu Servizo de Publicacións, a USC participa un ano máis na Semana do Libro de Compostela (SELIC 2019) que transcorre ata o día 16 na carpa instalada na praza da Quintana.

A SELIC reúne, cun deseño expositivo dinámico, aberto e diferente ao das tradicionais feiras do libro, unha trintena de expositores entre editoras e librarías, que veñen a representar unha significativa mostra do puxante sector editorial e libreiro da cidade. A editora universitaria, que xa participou nas anteriores edicións, exhibe nesta ocasión un total de 40 títulos, a maior parte deles novidades, dispoñibles para a súa venda e representativas das súas diversas liñas editoriais.

Na SELIC, que naceu en 2017 con vocación de permanencia e futuro, ademais da exposición e venda das novidades das empresas e institucións participantes, vaise desenvolver ata o día 16 un apertado programa de actos, sinaturas, presentacións, mesas redondas ou conversas con autores.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.02.2023.