Pasar al contenido principal

Medicina realiza unha xornada informativa cos coordinadores docentes dos hospitais e alumnado sobre a docencia clínica de sexto

Integrantes do equipo decanal xunto cos coordinadores docente no encontro celebrada na Facultade de Xeografía e Historia. Foto: Servimav-USC
Integrantes do equipo decanal xunto cos coordinadores docente no encontro celebrada na Facultade de Xeografía e Historia. Foto: Servimav-USC

O equipo decanal da Facultade de Medicina e Odontoloxía reuniuse este martes cos coordinadores docentes dos hospitais universitarios da Coruña, Vigo, Lugo, Ourense, Pontevedra e Ferrol co obxecto de informarlle e realizar unha posta en común sobre as características e datas de exames da materia de práctica clínica de sexto curso, así como das particularidades e execución do Exame Clínico Obxectivo e Estruturado (ECOE) e do Traballo Fin de Grao Máster. Sobre estes mesmos aspectos, o equipo de dirección do centro mantivo unha xuntanza co alumnado de sexto que están realizando un curso completo de práctica clínica repartidos polos hospitais universitarios de Galicia. Deseguido, celebrouse a terceira edición da Xornada de Presentación dos Hospitais Universitarios, dirixida a alumnado de 5º curso tanto do grao como da licenciatura. O obxectivo foi presentarase a oferta de centros hospitalarios universitarios de Galicia que participan na docencia de Medicina. Na presentación interviñeron os coordinadores docentes do Complexo Hospitalario da Coruña, Carlos Vázquez Barro; de Vigo, José R. Fernández Lorenzo; de Lugo, Ángel López Rodríguez; de Ourense, Jesús García Mata; de Pontevedra, Cristobal Galván Rodríguez; e do complexo hospitalario de Ferrol, Silvia Rodríguez Dapena.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.04.2014.