Pasar al contenido principal

A profesora Pilar Bermejo, primeira muller que ocupa o decanato de Química

Pilar Bermejo foi elexida como decana da Facultade de Química
Pilar Bermejo foi elexida como decana da Facultade de Química

A profesora Pilar Bermejo será a primeira muller que ocupa o decanato da Facultade de Química de Santiago tras gañar as eleccións celebradas o luns 12 que tiveron un resultado de 67 votos a favor de Bermejo, 38 en prol do profesor Ramón Leis e 3 en branco. Pilar Bermejo é catedrática de Química Analítica e desenvolve o seu labor docente na USC dende 1978, ocupou o vicedecanato desta Facultade entre 1989 e 1996 e dirixíu o Departamento de Química Analítica dende 1998 ata 2006. No seu programa de goberno figura a renovación e actualización da facultade coa internacionalización como principal aposta para conseguilo, así como mellorar a dotación do centro e o aproveitamento dos recursos xa existentes. Un dos principais retos aos que se enfronta é intensificar as relacións entre docencia e a investigación debido á peculiaridade da labor investigadora da facultade que se desenvolve en varios centros do campus, así como mellorar a comunicación interna e externa. Pilar Bermejo pretende articular un goberno participativo, cercano e transparente que estará conformado polo profesor Pedro Rodríguez Dafonte do Departamento de Química Física como vicedecano e o profesor Jesús Sanmartín Matalobos do de Química Inorgánica como secretario.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.05.2014.