Pasar al contenido principal

A Comisión de Internacionalización e Cooperación das Universidades Españolas celebrou o seu pleno en Compostela

Luís Delgado, da secretaría xeral de Universidades, presentou a estratexia de internacionalización e mobilidade que o Ministerio de Educación para o ensino superior. Foto: Santi Alvite
Luís Delgado, da secretaría xeral de Universidades, presentou a estratexia de internacionalización e mobilidade que o Ministerio de Educación para o ensino superior. Foto: Santi Alvite

A Comisión de Internacionalización e Cooperación das Universidades Españolas (CICUE) celebrou este venres 9 na Facultade de Bioloxía a xuntanza do seu pleno ao que precederon ao longo do xoves unha serie de reunións de distintos grupos de traballo desta comisión que preside o reitor Juan Casares e que está integrada na Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE). O pleno comezou coa intervención de Luís Delgado, da secretaría xeral de Universidades, nunha mesa sobre a estratexia de internacionalización e mobilidades das universidades españolas que está elaborando o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Deseguido, o coordinador local da Universidade Granada no proxecto Erasmus VMOCLAB presentou a experiencia deste proxecto en materia de mobilidade virtual. Para completar a sesión celebrouse o pleno no que ao informe do presidente e dos coordinadores dos grupos de traballo se sumou a elección da persoa que coordinará o grupo de Cooperación. Xuntanzas de traballo Ao longo do xoves 8, os integrantes da CICUE celebraron unha serie de xuntanzas dos grupos de traballo sobre cooperación universitaria ao desenvolvemento, sobre internacionalización e de mobilidade. Ademais, Lucca Pirozzi, da Dirección Xeral de Educación e Cultura da Comisión Europea, impartiu unha conferencia sobre o programa Erasmus + na que tratou as características deste programa e o catedrático de Economía Aplicada da Complutense de Madrid José Antonio Alonso referiuse á cooperación española na axenda post 2015. CICUE Esta comisión da CRUE está integrada polos máximos responsables de política de internacionalización e cooperación ao desenvolvemento das universidades españolas e a súa finalidade principal é a de liderar e coordinar as actuacións das universidades nestes campos co fin de potenciar unha colaboración máis estreita entre elas. O reitor Juan Casares presidiu a sesión inaugural do pleno da CICUE. Foto: Santi Alvite

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.05.2014.