A Facultade de ADE acolle do 19 ao 23 de maio un curso de márketing dixital orientado a mellorar a inserción laboral
A Facultade de Administración e Dirección de Empresas do campus de Lugo acollerá do 19 ao 23 de maio un curso de presencial de márketing dixital organizado por Google España e orientado a favorecer a inserción laboral de mozos e mozas, sexan ou non titulados/as universitarios/as, a través da mellora da formación e das competencias en distintas habilidades sobre materia dixital.
O prazo de matrícula neste curso, que está certificado polo principal organismo representativo en España da industria publicitaria en Internet, IAB Spain, e que é de carácter gratuíto para os/as participantes, aínda permanece aberto. As persoas interesadas poden formalizar a súa correspondente inscrición na enderezo web https://formacionactivate.es/. As distintas sesións formativas do curso, para o que se precisa contar cun ordenador portátil, desenvolveranse de luns a venres, en horario de 8.30 a 18.30 horas, na aula 2 da Facultade de Administración e Dirección de Empresas. Os contidos deste seminario son amplos e abranguen cuestións básicas sobre márketing dixital que resultan de utilidade á hora de buscar emprego ou crear un negocio propio. Daquela, o programa formativo inclúe contidos sobre fundamentos de tecnoloxía e mundo dixital SEO, SEM, e-commerce, márketing en redes sociais e dispositivos móbiles, analítica web e emprendemento. Asemade, os profesores deste curso tamén achegarán aos participantes os principais pasos que hai que seguir para elaborar un plan de negocio.