A USC conmemora o Día das Letras Galegas 2014 cun acto literario no Colexio de Fonseca
Nesta sesión presentarase o volume Xosé María Díaz Castro. Día das Letras Galegas 2014
O reitor Juan Casares presidirá este xoves 15 o acto literario con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas 2014, dedicado nesta ocasión ao poeta Xosé María Díaz Castro. A partir das 11.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, o director do Departamento de Filoloxía Galega, Francisco Cidrás Escaneo, abrirá a sesión coa presentación do volume Xosé María Díaz Castro. Día das Letras Galegas 2014. Seguiranlle na quenda de palabras os editores da publicación abordando diversas perspectivas do autor homenaxeado este ano. Así, Xosé M. Salgado pronunciará o relatorio ‘O selo dun poeta’ e Carmen Blanco o titulado ‘Beleza para sempre’. O acto clausurarao o reitor compostelán.