Pasar al contenido principal

Enxeñaría Química celebra o seu acto de fin de carreira

O reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño Rey, presidirá este venres 20 o acto de fin de carreira da XVI promoción de Enxeñaría Química. Será ás 18.00 horas no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE). Ademais do reitor, na cerimonia intervirán os estudantes Brais Rodríguez Pérez e Mª Fátima Rodríguez Rodríguez; o padriño da promoción, o profesor José Manuel Navaza Dafonte; o director do Departamento de Enxeñaría Química, Gumersindo Feijoo Costa; a directora da factoría de Alcoa en Cervo (Lugo), Raquel Vázquez Freire; e o subdirector da ETSE, Francisco Omil Prieto.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.06.2014.