Pasar al contenido principal

O Grupo de Investigación Hispona conmemora a caída do Muro de Berlín cun amplo e diverso programa de actividades

Facultade de Xeografía e Historia
Facultade de Xeografía e Historia
O acto de presentación terá lugar este xoves 26 de setembro ás 12.00 horas na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia

O programa de actividades ‘Aos 30 anos da caída do Muro de Berlín: historia e memoria’ será presentado este xoves 26 de setembro, ás 12.00 horas, na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia. Este programa amplo e heteroxéneo aspira a conmemorar o trinta aniversario da caída do muro de Berlín acontecida o 9 de novembro de 1989.

O Grupo de Investigación Historia Política e dos Nacionalismos (Hispona), en colaboración co Centro de Linguas Modernas e co Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá da USC, o Instituto Goethe e máis o Servizo Alemán de Intercambio Académico (Daad), impulsan este programa de actividades que albergará diversas exposicións e un ciclo de cinema recente alemán.

No acto de presentación tomarán parte a directora do Centro de Linguas Modernas, Katerina Vlasakova, e os coordinadores da actividade Sina Menrad do Servizo Alemán de Intercambio Académico, Xosé M. Núñez Seixas do grupo Hispona, e Xosé M. Pérez Pena do Centro de Linguas Modernas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.12.2019.