Pasar al contenido principal

A crise alimentaria e como xestionar unha marca persoal, na Universidade de Verán

A crise alimentaria e como xestionar unha marca persoal, na Universidade de Verán
A crise alimentaria e como xestionar unha marca persoal, na Universidade de Verán
Comezan dous novos cursos na Facultade de Ciencias Políticas e na de Ciencias da Comunicación

Como xestionar unha marca persoal ou a crise alimentaria centran os dous cursos da Universidade de verán que comezan a vindeira semana. ‘ Xestión dunha marca persoal e de novos modelos de negocio de comunicación’, desenvolverase entre os días 9 e 13 de xuño na Facultade de Ciencias da Comunicación mentres o curso ‘ A crise alimentaria mundial: perspectivas e estratexias’ terá lugar entre o 10 e o 12 de xuño na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais. Aprender a desenvolver competencias de xestión da comunicación para os medios e redes sociais dixitais, así como promocionar o emprendemento profesional e empresarial é o obxectivo do curso en Ciencias da Comunicación que se centrará na creación e difusión dunha marca persoal e a súa importancia nos novos modelos de negocio da comunicación. Consta dun total de 30 horas lectivas que se desenvolven nun horario de mañá e tarde de 9.30 a 13.00 horas e 16.30 a 19.30 horas. Está dirixido polo profesor Francisco Campos coa participación de docentes como o decano desta facultade, Xosé Pereira, Roberto Penedo Rey do Instituto Galego de Promoción Económica, Alba Silva e Carlos Toural, entre outros. O curso inclúe talleres con ferramentas propias deste tipo de comunicación como o móbil ou ordenador e charlas cos responsables de diversas experiencias desenvoltas neste campo. O curso ‘A crise alimentaria mundial: perspectivas e estratexias’ aborda un dos principais desafíos dos obxectivos de desenvolvemento do milenio, como é erradicar a fame e ten por obxectivos a análise, dende unha perspectiva académica e profesional a situación deste problema examinando as súas causas e consecuencias. Cun total de 25 horas lectivas, a programación comprende contidos sorbe o dereito á alimentación e a resposta de cooperación internacional ao problema. Está dirixido pola profesora Irene Rodríguez e o seu horario é de 9.30 a 13.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas e inclúe conferencias, obradoiros, proxeccións e mesas redondas que abordarán esta cuestión dende diferentes perspectivas. A matrícula para os cursos da Universidade de Verán remata o 4 de xullo para participar nalgún dos nove cursos que se celebrarán en Santiago, dous en Lugo ou nas localidades de A Pastoriza, Guitiriz, Lalín, Nigrán, Ortigueira, Ribadeo e Vilanova de Arousa entre o 14 e o 19 de xullo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 06.06.2014.