Pasar al contenido principal

Bioloxía, Química e Administración e Dirección de Empresas despiden as súas novas promocións

Tres novas promocións dos graos en Bioloxía, Química e Administración e Dirección de Empresas celebrarán este sábado 7 as súas cerimonias de graduación. No primeiro caso, o reitor Juan Casares presidirá ás 19.00 horas no Hotel Congreso o acto fin de curso da segunda promoción do grao en Química. Xunto a el tamén participarán a decana da Facultade de Química, Pilar Bermejo; o representante da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC, Alberto Arce; o decano-presidente do Colexio Oficial de Químicos de Galicia, Antonio Macho Senra; e as madriñas desta promoción, as profesoras Marta Lores Aguín e Matilde Fondo Busto.

Bioloxía

Pola súa banda, o alumnado da segunda promoción do grao en Bioloxía conmemora a finalización da súa época de estudos universitarios cunha xornada no Hotel Scala (Padrón) a partir das 18.00 horas. O acto presidirao o vicerreitor Jesús López Romalde, a quen acompañarán a decana da Facultade de Bioloxía, Mª Luz González Caamaño; o decano do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, Pelayo Míguez Baños; o padriño e a madriña da promoción, Carlos Rodríguez Osorio e Margarita Basanta Alves, ademais do padriño de honra Antonio Salas Ellacuriaga. ADE O mesmo sábado, a partir das 17.30 horas no Auditorio de Galicia, a vicerreitora Sara Cantorna presidirá o acto fin de curso da segunda promoción de Administración e Dirección de Empresas. Deseguido falarán Silvia Herrera Rey, Jacobo Piñeiro Pena e Martina Sanín Seoane en representación do alumnado. En nome do profesorado intervirá José L. Sieira López, seguido do decano-presidente do Colexio de Economistas da Coruña, o profesor Miguel A. Vázquez Taín, e do padriño da promoción Juan Antonio Vázquez Gancedo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 06.06.2014.