Pasar al contenido principal

Presentación do XXII Congreso Nacional da Sociedade Española de Cirurxía Torácica-Cardiovascultar

A Facultade de Medicina e Odontoloxía acollerá o evento entre o 18 e o 20

A Sociedade Española de Cirurxía Torácica-Cardiovascular (SECTCV)celebrará o seu XXII Congreso Nacional os días 18, 19 e 20 de xuño na Facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago. A cita, que reunirá aos mellores profesionais desta disciplina, presentarase este martes 10 nun acto que terá lugar na sala de prensa do Colexio de San Xerome ás 11.00 horas e que contará coas intervencións da vicerreitora de Investigación e Innovación, Isabel Rodríguez-Moldes Rey e do presidente da SECTCV e profesor de cirurxía da USC, Ángel Fernández González. O congreso reunirá a numerosos expertos que debaterán sobre as últimas técnicas cirúrxicas que son minimamente invasivas ou permiten corrixir enfermidades sen ter que abrir o tórax, válvulas cardíacas sen suturas, novos dispositivos de asistencia circulatoria, así como avances na corrección cirúrxica dos defectos conxénitos ou a cooperación internacional en cirurxía, entre outros temas de actualidade.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.06.2014.