Pasar al contenido principal

Ciencias celebra este venres o acto de graduación da primeira promoción de grao en Enxeñaría en Procesos Químicos Industriais

O vicerreitor de Coordinación, Javier Bueno, presidirá, a partir das 18.00 horas, unha cerimonia académica apadriñada polo profesor Eugenio Fernández Carrasco

A Facultade de Ciencias celebrará este venres, día 13 de xuño, a partir das 18.00 horas, o acto de graduación da primeira promoción do grao en Enxeñaría en Procesos Químicos Industriais. O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, presidirá esta cerimonia académica, que servirá para escenificar o remate do periplo universitario dos/as trece estudantes que completaron este grao entre 2010 e 2014.

O decano da Facultade de Ciencias, José Manuel Martínez Ageitos; o decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Lugo, Jorge Rivera; o tenente de alcalde de Lugo, Luis Álvarez, e a vicepresidenta segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez, tamén intervirán como relatores no marco deste acto. O profesor do Departamento de Enxeñaría Química da USC, Eugenio Fernández Carrasco, será o padriño da primeira promoción de graduados en Enxeñaría en Procesos Químicos Industriais egresados da facultade luguesa, un colectivo de 13 titulados/as, que elixiron como representantes para este acto a Rocío Núñez Rodríguez e David Serantes Alvo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.06.2014.