Pasar al contenido principal

A promoción da licenciatura en Dereito de 1964 celebrou as súas vodas de ouro

Os integrantes da promoción volveron este venres ás aulas nas que iniciaron os seus estudos. Foto: Novoa
Os integrantes da promoción volveron este venres ás aulas nas que iniciaron os seus estudos. Foto: Novoa

Cincuenta anos despois de rematar os seus estudos, a promoción da Licenciatura de Dereito volveu este venres 20 á Aula 1 da Facultade de Xeografía e Historia, onde se desenvolveron as clases do primeiro curso da licenciatura. Os licenciados e licenciadas en Dereito en 1964 celebraron as súas vodas de ouro cun acto académico no que participaron os decanos das facultades de Dereito e Xeografía e Historia, Luís Míguez Macho e Juan Monterroso Montero, e tres dos profesores desta promoción Luís Suárez Llanos, de Dereito Mercantil; José Mª Frutos, de Dereito Administrativo; e José Ángel Fernández Arruti, docente de Dereito Canónico. Entre os integrantes da promoción de licenciados e licenciadas de 1964 asistiron ao acto Fernando Amarelo de Castro, Julio Balboa, Javier Baltar, Manuel Caamaño, Tomás Calzada, José Luís Carro, José María Castroviejo, Francisco Crusat, Eugenio Dobarro, Manuel Dopico, Víctor García, Teodoro Fanego, José Fernández, Juan Jesús Fernández, José Luís García, Paulino González, Ramón González, Luís Miguel Grau, Pedro Guitián, Ramón Iglesias, Gustavo Martín, José Ramón Núñez, Marcelino Núñez, Alfonso Paz-Andrade, Eduardo Pedreira, Mercedes Romaní, José María Sánchez, Jesús Souto, Edmundo Torres, Víctor Varela, Mauro Varela , Antonio Vázquez, Araceli Vázquez e Eduardo Vilariño.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.06.2014.