Unha xornada da Cátedra de Traballo Autónomo da USC analiza a sentenza europeo sobre a devolución do ‘céntimo sanitario’
A sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea do pasado 27 de febreiro sobre a devolución do coñecido como ‘céntimo sanitario’ será obxecto de debate nunha xornada que promove a Cátedra do Traballo Autónoma da USC, que dirixen o profesor César García Novoa e a profesora Concepción Ferreiro Regueiro e que promove Autónomos de Galicia (AUGA) xunto coa institución docente compostelá. A sesión desenvolverase a partir das 17.00 horas na Salón de Graos da Facultade de Dereito. No transcurso dunha táboa redonda sobre o tema, intervirán o director da Cátedra, o catedrático de Dereito Financeiro e Tributario da USC César García Novoa; o xefe da Dependencia Rexional de Aduanas e Impostos Especiais de Galicia da Axencia Tributaria, Jaime Gayá Moreno; e o representante de Autónomos de Galicia e transportista José Cando Sixto. A asistencia será de balde, previa inscrición no enderezo de correo electrónico alicia.villalba [at] usc.es (alicia[dot]villalba[at]usc[dot]es).