Pasar al contenido principal

O ciclo dedicado a Eugenio Trías explora a relación da súa obra co filme Vertixe de Hitchcock

Celébrase na Facultade de Filosofía o luns 17

Filosofía do límite é o lema que dá nome ao ciclo que rememora a figura do filósofo Eugenio Trías cando se conmemora o primeiro cabodano do seu pasamento (1942-2013). O ciclo, que se desenvolve entre os meses de febreiro e marzo, celebra este luns 17 a súa segunda sesión coa proxección do filme de Alfred Hitchcock Vertixe e o posterior debate sobre esta cinta e a súa interpretación na obra de Trías. Intervirán o profesor Luís Hueso, Alberto Ruíz de Samaniego, Alberto Sucasas e o decano da Facultade de Filosofía, Rafael Martínez Castro. Este encontro comezará ás 18.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía. A terceira e última sesión do ciclo chegará o luns 24 nunha xornada na que o filósofo Alberto Sucasas pronunciará a conferencia ‘Sobre o sentido global do proxecto filosófico de Eugenio Trías’.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.03.2014.