Pasar al contenido principal

Unha guía práctica orienta a realización de talleres de habilidades cirúrxicas en implantoloxía oral

Un grupo de docentes da Facultade de Medicina e Odontoloxía acaba de editar o libro Guía práctica para a la realización de talleres de habilidades quirúrgicas en Implantología Oral, unha proposta editorial cunha vocación eminentemente didáctica. Na presentación que presidiu o vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Franscisco Durán, estiveron presentes ademais o decano da Facultade, Juan Gestal, e o profesor da Universidade Complutense de Madrid José Sanz que destacaron a vixencia dos contidos e a súa aplicabilidade para o proceso de aprendizaxe da técnica implantolóxica tanto en pregrao como noutros ámbitos da formación continua. A coordinación editorial deste novo título foi responsabilidade de Juan Blanco, Juan Seoane e Pedro Diz, todos eles pertencentes ao grupo de investigación en Odontoloxía Médico-Cirúrxica da Universidade compostelá (OMEQUI).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.03.2014.