Pasar al contenido principal

O Ciclo de Cinema Catalán comeza este xoves coa proxección de La Plaga

Cartel da sexta edición do Ciclo de Cinema Catalán
Cartel da sexta edición do Ciclo de Cinema Catalán

O VI Ciclo de Cinema Catalán desenvolverase os días 27 e 28 de marzo e 24 e 25 de abril na Facultade de Filosofía, organizado pola Área de Catalán do Departamento de Filoloxía Galega. O programa intégrano catro filmes de denuncia social recoñecidos e premiados en distintos festivais. O día 27 proxectarase La Plaga de Neus Ballús, dando paso o 28 de marzo a Catalunya über alles de Ramon Térmens. No mes de abril, Fènix 11*23 de Joel Joan e Sergi Lara proxectarase o día 24 e La lapidation de Saint Étienne de Pere Vilà i Barceló o día 25. Todas as proxeccións son de entrada libre e comezarán ás 19.00 horas. Na súa inauguración e clausura, o ciclo contará coa presenza do crítico de cinema Moncho Lemos, e do catedrático de Historia do Cine, Ángel Luis Hueso. Todos os filmes proxectaranse en versión orixinal subtitulada e irán emmarcados cunha breve presentación e coloquio.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.03.2014.