USC e CEL asinan este martes un convenio para que estudantes da Facultade de ADE desenvolvan prácticas en empresas
O reitor da USC, Juan Casares, e o secretario xeral da Confederación de Empresarios Lucenses (CEL), Jaime López, asinarán este martes, día 1 de abril, a partir das 11.30, na Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, o convenio en virtude do que estudantes da Facultade de Administración e Dirección de Empresas poderán completar prácticas en empresas.
O vicerreitor de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, Pedro García Herradón, e a decana da Facultade de ADE, Begoña Barreiro, tamén asitirán a este acto de firma do convenio. Este acordo de colaboración entre a USC e a CEL xa ten posibilitado nos últimos anos que decenas de estudantes dos últimos cursos do grao en Administración e Dirección de Empresas do campus de Lugo puideran completar a súa formación académica a través do desenvolvemento de estadías en prácticas en empresas adheridas á CEL.