Pasar al contenido principal

O catedrático estremeño Juan Manuel Escudero Muñoz será investido doutor honoris causa pola USC o venres 4 de abril

Juan Manuel Escudero Muñoz
Juan Manuel Escudero Muñoz

O catedrático de Didáctica e Organización Escolar da Universidade de Murcia Juan Manuel Escudero Muñoz será investido doutor honoris causa pola USC o venres 4 de abril, no marco dunha cerimonia académica que estará presidida polo reitor Juan Casares e que se desenvolverá, a partir das 12.30 horas, no Salón Nobre do Pazo de Fonseca.

Autor de numerosos libros e artigos de referencia internacional, as investigacións e os estudos máis relevantes desenvolvidos por Escudero Muñoz céntranse no currículo e as reformas escolares, o profesorado e o desenvolvemento profesional, o desenvolvemento dos centros como comunidades profesionais de aprendizaxe, a inclusión e a exclusión educativa, o asesoramento pedagóxico e a avaliación de programas con propósitos de comprensión e mellora dos mesmos.

O profesor Escudero Muñoz, nado en Campillo de la Deleitosa (Cáceres, 1947), completou estudos de Pedagoxía e Psicoloxía na Universidade Pontificia de Salamanca. Despois de desenvolver tarefas como docente nun instituto de Bacharelato de Cáceres durante dous anos, Escudero Muñoz comezou a súa traxectoria académica universitaria na Universidade de Valencia. Foi tamén profesor na USC e, desde 1982, desenvolve cometidos docentes na Universidade de Murcia, na que exerce como catedrático de Didáctica e Organización Escolar.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 31.03.2014.