Pasar al contenido principal

A Fundación Barrié presenta na USC o seu programa de bolsas de posgrao no estranxeiro para 2014

A Fundación Barrié presentará esta semana na USC o seu programa de bolsas de posgrao no estranxeiro para 2014, unha convocatoria na que ofrece un total de 42 bolsas para titulados/as universitarios galegos ou egresados do Sistema Universitario Galego (SUG). Do total da oferta, 30 bolsas son para desenvolver estudos predoutorais e dez para completar estadías e/ou formación de máster. As doutras dúas bolsas son froito dun convenio entre a Fundación Barrié e o Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga).

O salón de actos da Facultade de Dereito acollerá este martes 11 a partir das 11.00 horas a presentación, unha sesión que se repetirá o vindeiro mércores, a partir das 12.00 horas na sala de xuntas da Facultade de Veterinaria do campus de Lugo. Para máis información pódese visitar a páxina web www.fundacionbarrie.org.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.03.2014.