Pasar al contenido principal

O profesor Joaquín Lado obtén en Estados Unidos unha cátedra de investigación dotada cun millón de dólares

O profesor da Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC Joaquín Lado Abeal, actualmente no Departamento de Medicina Interna da School of Medicine do Health Sciences Center da Texas Tech University en Lubbock (Texas), foi galardoado cunha cátedra de investigación (UMC Endowed Chair for Research) dotada cun millón de dólares para continuar cos seus programas de investigación. O profesor Lado, que en Texas traballa como profesor e xefe da División de Endocrinoloxía, continúa mantendo proxectos de colaboración con diversos equipos da universidade compostelá.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.12.2014.