Pasar al contenido principal

Acto de fin de grao da X Promoción de Enxeñaría Informática

A X Promoción de Grao en Enxeñaría Informática celebra o seu acto de graduación este venres 7 ás 18.30 horas no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, que presidirá o vicerreitor de Investigación e Innovación, Vicente Pérez Muñuzuri.

Na cerimonia intervirán o director da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, Antonio Mosquera González; a madriña e o padriño da promoción, Dora Blanco Heras e Jose Varela Pet; o presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia; Marcos J. Mata Mansilla; o secretario do Departamento de Electrónica e Computación, Manuel Lama Penín; o director adxunto do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Intelixentes (CiTIUS), Paulo Félix Lamas; e en nome do alumnado Marcos Fernández Pichel e Raúl Vilas Piñeiro.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 06.06.2019.