Pasar al contenido principal

Un grupo de estudantes de Wakayama visitan a Universidade de Santiago

Un grupo de estudantes de Wakayama visitan a Universidade de Santiago
Un grupo de estudantes de Wakayama visitan a Universidade de Santiago

O reitor Juan Casares recibiu este mércores 12 en San Xerome a un grupo de catorce estudantes de entre 17 e 20 anos procedentes da prefectura de Wakayama (Xapón) que se atopan en Galicia participando nun intercambio ao abeiro do programa de mobilidade ‘A Xuventude no mundo’da Dirección Xeral de Xuventude. Ademais deste recepción, o grupo realizou unha visita ao patrimonio histórico da USC e participou nunha sesión de intercambio con estudantes na Facultade de Xeografía e Historia respectos de puntos de encontro e diferenzas que no terreo cultural se poden trazar entre Galicia e Xapón. Na visita, estiveron acompañados polo profesor Xosé Manuel Santos Solla.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.03.2014.