Pasar al contenido principal

I Concurso de Fotografía do programa de maiores da USC

O alumnado matriculado no IV Ciclo da Universidade de Santiago está convocado a participar no I concurso fotográfico de Nadal, cuxo prazo remata o 22 deste mes de decembro. As persoas que desexen participar deberán enviar un máximo de dúas fotografías dixitais orixinais acompañadas do título e da categoría á que se presenta –Nadal solidario, Comercial ou Familiar–. A identidade do autor ou autora e os seus datos persoais (enderezo, teléfono e correo electrónico) introduciranse nun sobre pechado indicando no exterior o título do traballo e depositarase na secretaría do IV Ciclo (Facultade de Enfermaría. Avda. Xoán XXIII s/n. 15782 Santiago). O xurado do premio, sen contía económica, estará composto polo vicerreitor de Oferta Académica e Innovación Educativa, a directora do IV ciclo, un/unha xornalista e unha persoa do Centro Galego de Artes da Imaxe.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.12.2014.