Pasar al contenido principal

A nova edición do Máster en Atención Temperá da USC inaugúrase este venres

A sala de xuntas da Facultade de Psicoloxía acollerá este venres 5 ás 12:00 horas a inauguración oficial do Máster propio en Avaliación e Intervención Psicopedagóxicas nos Trastornos do Desenvolvemento e Atención Temperá da USC, nun acto que contará coa presenza da secretaria xeral de Política Social da Xunta de Galicia, Coro Piñeiro Vázquez. Con case dúas décadas de historia, este Máster –dirixido pola profesora do Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación, María José Buceta– xurde tras o intenso traballo realizado en anteriores convocatorias baixo outras denominacións e adaptándose agora aos novos tempos, cun programa formativo que atende ás actuais realidades sociais. Durante o curso académico formará a numerosos profesionais especializados en axudar ao correcto paso cara á adolescencia de menores con algún tipo de trastorno no desenvolvemento pero tamén que viven algún tipo de conflito en contextos familiares o una escola. O Máster, que conta con profesorado de áreas multidisciplinares cunha ampla e acreditada experiencia docente, investigadora e laboral no ámbito da Atención Temperá, impártese na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela na modalidade semipresencial.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.12.2014.