Prosegue o ciclo ‘Pasados incómodos: guerra, memoria e historia’ cunha conferencia do investigador Alejandro Alonso
O Grupo HISTAGRA da USC retoma este martes 16 o ciclo ‘Pasados incómodos: guerra, memoria e historia’ coa intervención do profesor e investigador no The Graduate Center da CUNY (EE.UU.) Alejandro Alonso titulada ‘Cela no tempo de silencio: xenealoxía da república das letras no primeiro franquismo’. A conferencia, ás 12.00 horas na Aula 13 da Facultade de Xeografía e Historia, baséase na investigación que o profesor Alonso desenvolve desde hai anos sobre a historia intelectual do século XIX e no modernismo na literatura e concretamente sobre as diferentes facetas do rexionalismo, o nacionalismo e a literatura nas novelas españolas.