Pasar al contenido principal

O espectáculo Esperit de Vinyoli chega á USC con motivo do centenario do nacemento do poeta catalán Joan Vinyoli

O Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) acolle este xoves 11 unha homenaxe poética e musical que conmemora o centenario do nacemento e os trinta anos da morte de Joan Vinyoli (Barcelona, 1914-1984), un dos poetas cataláns máis brillantes e influentes do século XX e que foi traducido ao galego nunha antoloxía por Luciano Rodríguez. No espectáculo ‘Esperit de Vinyoli’ os versos do autor catalán cobrarán vida ás 20.00 horas interpretados pola cantautora Sílvia Comes e a poeta Sílvia Bel Fransi, que propoñen unha ruta centrada nun repertorio de poemas que falan sobre algunhas das temáticas principais de Vinyoli: o amor, o paso do tempo, a soidade e a morte.

Esta oportunidade de celebrar a efeméride da literatura catalá é posible grazas ao impulso do Institut Ramon Llull en coordinación coa Área de Filoloxía Catalá do Departamento de Filoloxía Galega da USC e a colaboración tanto da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social como do Centro de Linguas Modernas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.12.2014.