A triatleta paralímpica Susana Rodríguez presentará en Ciencias da Educación o programa Non te Rindas Nunca da Fundación ONCE
A triatleta paralímpica Susana Rodríguez presentará este martes 2 o plan No te Rindas Nunca, un programa flexible da Fundación ONCE que impulsa o emprego das persoas con discapacidade e menores de 30 anos, un colectivo especialmente afectado pola crise, xa que segundo datos da Fundación, soporta unha taxa de actividade corenta puntos por debaixo da do resto de mozos e mozas españois. A intervención de Susana Rodríguez comezará ás 10.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida). O plan contempla unha batería de 34 medidas que abarcan todos os aspectos fundamentais para promover o emprego neste segmento de poboación. As actuación contemplan dende a orientación personalizada, a formación e a promoción do emprendemento, ata a intermediación laboral coas empresas que integran a discapacidade nas súas políticas de Responsabilidade Social Empresarial. Esta presentación formar parte dunha xira que se está realizando por 98 centros de estudo de toda España.