Pasar al contenido principal

Xuntanza do Consello de Goberno

A posta en marcha dun Programa de Atención a Estudantado de fóra da UE (PATEX) na USC será tratado este xoves 2 de maio na xuntanza ordinaria que celebrará o Consello de Goberno da USC a partir das 9.30 horas. Esta é unha iniciativa que a universidade compostelá considera necesaria para establecer accións que fomenten non só o intercambio do estudantado, senón que alumnos/as de fóra da UE cursen estudos ordinarios na USC. Outros asuntos a tratar son as prórrogas de contratos de profesores asociados, lectores e asociado de Ciencias da Saúde, licencias por período sabático, prazas de PDI, a modificación da normativa pola que se regula a selección do PDI contratado e interino e o nomeamento de profesores e investigadores ad honorem. O Consello de Goberno tratará tamén os criterios e o calendario para a tramitación de novas propostas e modificacións de másteres e programas de doutoramento con vistas á súa implantación no curso 2014-2015, as propostas de retirada da oferta de varias titulacións de másteres universitarios para 2013-2014, a actualización da normativa de xestión académica, a convocatoria da Escola Infantil Breogán e a xestión do Cheque Bebé para o Campus de Lugo, a normativa de traballos de Fin de Grao e Máster e a modificación do programa da Escola de Altos Estudos Musicais. Completando a orde do día desta xuntanza, inclúense como temas da orde do día o establecemento dos límites de prazas para os másteres do curso 2013-2014, as axudas para o desenvolvemento de accións de mellora da docencia na súa convocatoria de 2013, a actualización de tarifas de servizos prestados pola USC ou a modificación do acordo sobre convocatoria de órganos colexiados e duración do curso académico.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.04.2013.