Pasar al contenido principal

Berlín antes, durante e despois da caída do muro

O Centro de Linguas Modernas da USC organiza a primeira semana de xuño na Facultade de Filosofía un ciclo de cine alemán sobre a vida en Berlín antes e despois da caída do muro en 1989. Todas as películas proxectaranse en versión orixinal con subtítulos ás 16.00 horas no salón de actos do centro. O luns 3 será a quenda de ‘A vida dos outros’; o día 4 ‘Good bye Lenin!’; o mércores 5 poderase ver ‘Berlín is in Germany’ e finalmente o día 6 proxectarase ‘Lola corre’.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 31.05.2013.