Pasar al contenido principal

Un investigador de excelencia indio estuda na USC cómo mellorar a predición do impacto de determinadas enfermidades

Un investigador de excelencia indio estuda na USC cómo mellorar a predición do impacto de determinadas enfermidades
Un investigador de excelencia indio estuda na USC cómo mellorar a predición do impacto de determinadas enfermidades

O profesor de Enxeñaría Civil do Instituto Tecnolóxico de Hyderabad (India), o doutor Shashidhar, mantén estes días en Santiago estreitos contactos co grupo da profesora de Ciencias Económicas e Empresariais María Loureiro para ampliar o espectro de traballo das súas investigacións. Shashidhar, en Compostela grazas ao programa de intercambio da USC (Programa PEIN) con centros de excelencia indios, é especialista en calidade da auga e biorremediación. Na actualidade orienta os seus traballos ao estudo de modelos bio-económicos, que permitan engadir impactos socioeconómicos aos modelos de propagación de enfermidades transmitidas a través da auga. De aí que se reúna coa profesora Loureiro, experta en medición do impacto ambiental a través de modelos socioeconómicos. Concretamente, ten aberta dúas liñas de investigación ás que agora engadirá os patróns sociais e económicos como variables máis de estudo. Nunha pretende predicir cómo se moverá o insecto que transmite o dengue na India e cal será o seu impacto na poboación, considerando tamén futuros escenarios de cambio climático; e noutra estuda os impactos dinámicos da resistencia aos antibióticos nunha zona concreta do seu país, debido a un caso severo de contaminación ambiental que está xerando un problema de gran dimensión como é que cada vez haxa unha maior porcentaxe de nenos e nenas completamente inmunes a certos fármacos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 31.05.2013.