Pasar al contenido principal

Nova NerdNite ou cómo toparse coa ciencia nun contexto divertido

Nova NerdNite ou cómo toparse coa ciencia nun contexto divertido
Nova NerdNite ou cómo toparse coa ciencia nun contexto divertido

O próximo xoves 7 de novembro o Kunsthalle (Rúa da Conga, 8. Santiago) será ás 22.00 horas o escenario dunha orixinal e nova sesión de NerdNite na que tres expertos da USC formularán curiosas cuestións relacionadas co seu ámbito de traballo ás que darán solución dunha maneira divertida. ‘Camiño á perdición, ou como se constrúe un cancro’ é a proposta de Anxo Vidal, director do grupo de ciclo celular e cancro do CIMUS’, mentres que o membro do grupo de investigación Marco xurídico do contexto socio-económico actual Miguel Vieito Villar falará da ‘Estrela da Morte, Cabaleiros Jedi e Jar Jar Binks: unha revisión xurídico-legal do universo Star Wars’. Por último, o profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación Xaime Fandiño leva ao Kunsthalle a charla ‘Lío, lío... moito lío’.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 31.10.2013.