Pasar al contenido principal

Estudantes de Ciencias da Comunicación da USC fanse co premio de xornalismo gastronómico ‘Álvaro Cunqueiro’ ao mellor traballo académico

Seis estudantes da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC acadaron o premio ao mellor traballo académico de xornalismo gastronómico ‘Álvaro Cunqueiro’ que concede o concello de Lalín e que está considerado entre os máis relevantes de España no seu xénero. Sandra Couso, David Fontán, Miguel García, Mateo Codesido, Patricia Domínguez e Ainhoa Alzola son os artífices do proxecto Cocidopedia, recoñecido polo xurado por presentar “de xeito dinámico e innovador” unha proposta que achega o xornalismo á gastronomía. Os propios promotores definen Cocidopedia como un lugar de encontro para todas aquelas persoas interesadas en achegarse “ao apaixonante mundo do cocido, comida estrela da nosa cultura gastronómica”. Cómo se prepara un cocido, as propiedades culinarias, as súas orixes ou a evolución histórica son algúns dos contidos que se poden atopar e co que dar resposta a moitas cuestións de interese sobre o famoso prato e a atmosfera que o envolve. A páxina inclúe entrevistas e reportaxes en diversos formatos, primando o audiovisual. O xurado Oxuradoda XIXedición destes premios, que decidiu porunanimidadeoutorgaroprimeiropremioaoprogramadeTelevisiónEspañola ‘Unpaísparacomérselo’ queconducenImanolAriaseJuanEchanove, estivo presidido poloalcaldedeLalín,JoséCrespo. Ademais, formaban parte o presidentedaAsociacióndeXornalistas deGalicia, ArturoManeiro; o responsabledecomunicacióndaDeputacióndePontevedra, MartínFernández; o xefe decomunicacióndeTurgalicia, JoséManuelMerelles; e o xerentedaAgadic, AnxoQuintanilla.Ostraballosacadémicosdo alumnado dexornalismoecomunicaciónforon avaliados polosdecanosdasfacultadesdeXornalismodeSantiago,XoséPereira,edeComunicaciónSocialda Coruña,JoséVidela.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.01.2013.